Saltar ao contido

Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro
Fachada da igrexa.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
LocalizaciónPombeiro (Pantón)
Coordenadas42°26′53″N 7°42′10″O / 42.44805556, -7.70277778Coordenadas: 42°26′53″N 7°42′10″O / 42.44805556, -7.70277778
Culto
CultoCatólico
DioceseLugo
Arquitectura
ConstruciónSéculo X
Estilorománico
editar datos en Wikidata ]

O mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro ou San Vicente Polumbario é unha edificación relixiosa da que queda a igrexa de estilo románico situada na parroquia de Pombeiro do concello de Pantón na Ribeira Sacra.

De orixes eremíticas, remontables ao Reino Suevo, semella ter sido fundada pola raíña de Galicia Goto Muñiz, dona de Sancho Ordóñez no século X. En 1109, a raíña Urraca doouna á Orde de Cluny. Coincidindo co esplendor do monacato medieval, foi reedificada no século XII e XIII. Foi priorado ata o 1526 en que foi asumido polo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Igual que outros mosteiros bieitos, as reformas dos Reis Católicos, sometérono á Congregación de Valladolid.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Contén tres naves e os correspondentes tras ábsidas. A portada principal, enmarcada entre contrafortes e baixo un decorado gardachoivas é de estilo protogótico. As outras portadas, de época similar, son tamén de notable interese arquitectónico medieval, a do norte, tamén enmarcada en contrafortes, sitúase baixo un apreciable rosetón.

Existen pinturas interiores do século XV, e retablos renacentista e barroco.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]